Cursos e formación, Talleres
Persoas adultas
Persoas adultas a partir de 18 anos
Dende o 02/03/2026 ás 18:30 ata o 25/05/2026 ás 18:30 , os luns
Dende o 18/02/2026 ata o 02/03/2026
Inscrición en liña, ou ben en persoa na Biblioteca Municipal de Monte Alto ou tamén por teléfono chamando ao número 981184382
18.30 - 20.00 h
1.5 h. por xornada
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
981 184 382
No obradoiro, impartido pola escritora galega María Canosa, combinarase a teoría coa práctica do proceso creativo da escrita.
Explicaranse distintas estratexias para enfrontarse a un papel en branco, e realizaranse exercicios prácticos aplicándoas. Traballarase basicamente a narrativa, mais tamén se realizará unha pequena introdución á poesia. Quérese fomentar tamén a importancia da biblioteca e da lectura no proceso creativo da escritura.
Serán 7 sesións quincenais entre o 2 de marzo e o 25 de maio.
CONTIDOS:
Ademáis explicárase:.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible