Encontros e presentacións
Para público en xeral
Público xeral
04/06/2026
Entrada libre ata completar a capacidade
De 17:00 a 18:00 horas
1 hora
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
981 184 390
O 05 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e nas Bibliotecas Municipais facémolo da man de Xulia Pisón e do seu cómic “Un día no Monte da Fraga”, que será presentado pola nosa compañeira Sira González na Biblioteca Castrillón o xoves 04 ás 17.00 h.
O Concello da Coruña e Coruña Sostible traen una completa programación polo Día do Medio Ambiente, defendendo que o cambio comeza nos barrios.
Nas Bibliotecas Municipais sabemos moito da vida de barrio, así que non podíamos deixar de unirnos á axenda, e facémolo da man de Xulia Pisón e do seu cómic "Un día no Monte da Fraga", que será presentado pola nosa compañeira Sira González.
Anímate a descubrir a fauna e flora do Monte da Fraga, situado na cerna do campus da Zapateira, desde a mirada dunha pequena ratiña de campo, amosando a biodiversidade da contorna e fomentando o respecto pola naturaleza.
A creación deste cómic enmárcase na posta en valor deste espazo forestal, restaurado pola Universidade da Coruña en 2006, hai xa 20 anos, con criterios de xestión ecolóxica e sustentable, e que hoxe exemplifica a figura de Custodia do Territorio, unha ferramenta de participación activa que implica a propietarios, comunidades locais e administracións na defensa e coidado do patrimonio natural.
Somos Biblioteca Verde
Este 05 de xuño, as bibliotecas seguimos aí, comprometidas coa acción climática de proximidade.️
E ti, sabes que podes facer polo clima?
Esperámoste!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible