Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro: "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia", de Roberto Carlos Mirás

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

18/04/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

12.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Roberto Carlos Mirás presenta o seu primeiro libro: "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia". Achégate e déixate sorprender!

O sábado 18 de abril ás 12.00 h terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia", de Roberto Carlos Mirás.

Desde os anos 80 colaborou en distintos medios de comunicación como "El Correo Gallego", "Galicia Hoxe" e "Galicia Digital", pasando por "Cuadernos para el diálogo" e a revista "Que Leer", e actualmente no "Diario de Santiago.es". "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia" é o seu primeiro libro.

En palabras de Blanca Martín, periodista e directora do programa de radio Misterios On Air,  a obra de R.C. Mirás ofrece unha visión clara e accesible sobre diferentes personaxes que tiveron importancia na historia e presenta gran cantidade de datos e referencias para falar de persoas de distintos ámbitos como o misterio, a filosofía, a política e outros campos do pensamento e a vida social.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión