Talleres
Infantil, Xuvenil
10-15 anos
30/04/2022
Xa rematou
Dende o 23/04/2022 ata o 30/04/2022
Require inscrición.
12.00 a 13.30 horas.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981 184 388
Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)
Obradoiro sobre cómic, con motivo da celebración da Semana da Banda Deseñada, da man do Santy Gutiérrez, ilustrador, debuxante e humorista gráfico.
Nado en Vigo, Santy Gutiérrez estudou en Santiago de compostela e actualmente reside na Coruña. Con máis de vintecinco anos de experiencia profesional, ilustrou libros e carteis, humor gráfico, caricaturas, publicidade, cómic e deseño téxtil. Tamén se dedicou ao ensino do debuxo.
É membro fundador do coruñés Estudio Baobab e foi directivo da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) durante 11 anos. En EE.UU. está representado por la axencia Astound.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible