Para público en xeral
Dende o 10/01/2022 ata o 28/01/2022
Xa rematou
de luns a venres de 9:00 a 21:00 h e sábado de 9:00 a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h.
Esta exposición recolle algúns dos mapas téxtiles producidos no taller de "Cartografías Téxtiles" do Programa de lecer do Forum.
No noso taller observamos a realidade, a reinventamos e interpretámola con teas e fíos dunha maneira moi sinxela. Aquí falamos de mapas, de formas de lelos, o que fan artistas téxtiles e, sobre todo, creamos nosa propia cartografía.
O resultado destes momentos de creación individual e conxunta pódese ver e gozar nesta exposición.
Se desexas coñecer algo máis do proceso destes mapas en tea, así como da forma de coser e divertirnos no taller, ven á actividade que levaremos a cabo o mércores 19 de xaneiro, de 11:00 a 13.30h. Percorreremos a exposición coas protagonistas e esbozaremos un pequeno mapa téxtil
¡Hai poucas prazas! Anótache rápido no correo forumocio@coruna.es ou achégache o mesmo día por se hai prazas libres.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible