Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

SomosPro: Inventar, probar... e equivocarse!

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 14 anos

Cando:

22/04/2026

Inscricións:

Dende o 15/04/2026 ata o 22/04/2026

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.

O mércores 22 de abril ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o Obradoiro "Inventar, probar... e equivocarse!", dirixido para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Neste obradoiro de SomosPro achegarémonos dun xeito divertido ao mundo dos inventos. Saberías dicir que é unha patente? Cres que todos os inventos realizados no mundo son útiles? Algunha vez pensaches en crear ti algo novo ou mellorar algo xa existente?

Descubriremos tamén uns premios ben curiosos, os IG Nobel, e falaremos de inventos raros e inútiles pero que no seu momento os seus inventores crían que serían un éxito.

Agardámoste na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión