Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Hoxe libra... Gema Carballeira

Gema Carballeira, da Biblioteca Fórum Metropolitano

Quen son?

Gema Carballeira Basanta, Auxiliar de Biblioteca

Biblioteca e barrio.

Biblioteca Fórum Metropolitano. Unha biblioteca que se atopa no interior do centro Fórum Metropolitano e que ten moita vida e movemento, xa que conta con multitude de obradoiros, dúas salas de cine, un salón de actos. Grazas a iso, contamos cun amplo número de visitantes diarios algo que nos axuda a relacionarnos co barrio no que estamos.

Cal é o teu traballo, a quen se dirixe e como é o teu día no centro?

O meu traballo como auxiliar de biblioteca é moi variado, dende atender aos usuarios que se achegan a mostrador para facer préstamo ou mesmo pedir suxerencias de lecturas, ata formar parte do grupo de traballo que xestiona as redes sociais coas que contamos nas Bibliotecas Municipais, algo que me apaixoa.

Que é o que máis che gusta do teu traballo na biblioteca?

Sen dúbida o que máis me gusta do meu traballo é o contacto coas persoas, e mesmo agora que dende hai pouco teño a oportunidade de traballar nunha sala de adultos, a cantidade de suxestións de lecturas que me fan os usuarios é incrible, non me da tempo de ler todo pero é algo que me da moito xogo á hora de estar ao día de todo o que a xente le e dos intereses dos nosos usuarios. Encántame perderme polas estanterías tanto físicas como virtuais na búsqueda de novas lecturas.

Recomendación dun libro (ou disco, etc) que as nosas usuarias poden atopar na túa biblioteca.

Pois o primeiro libro neste caso cómic que se me ven á cabeza é Blacksad, un cómic detectivesco que xa no seu momento me recomendou o meu compañeiro Iván, un auténtico experto en cómics.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión