Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Hoxe libra... Marta Rivadulla

Marta Rivadulla, da Biblioteca Monte Alto

Quen son?

Marta Rivadulla López, bibliotecaria

En qué biblioteca e barrio traballo?

Na Biblioteca Municipal Monte Alto. Estamos na rúa Vereda do Polvorín, na terceira planta do Centro Cívico. O barrio de Monte Alto é un barrio como os de toda a vida, con moitísimo encanto e personalidade, onde todos os veciños se coñecen e os nenos xogan na rúa con toda a tranquilidade.

Cal é o meu papel na biblioteca Monte Alto? Cómo é o meu día a día no centro?

O meu traballo diario é principalmente de atención ao público, no mostrador: préstamo, devolución, ordenación... Tamén participo nas actividades infantís da biblioteca (Merendas con Contos, visitas escolares, club de lectura xuvenil...) e no grupo 2.0, onde se difunden os servicios que ofrecen as bibliotecas municipais.

Que é o que máis me gusta do traballo na biblioteca?

O trato persoal co usuario: poder facer e recibir recomendacións de lectura. Todos os usuarios teñen as súas propias inquietudes, e sorpréndente cos seus gustos e intereses, sempre che descobren cousas novas. E, sobre todo, falar cos nenos. Saben moi ben o que lles gusta e o que non!

Recomendación dun libro (ou disco, etc) que os nosos usuarios poden atopar na biblioteca.

Unha autora que sempre me fai gozar cos seus libros é Marta Rivera de la Cruz. O último que lin foi "La boda de Kate", pero atrapoume coa súa sensibilidade e o seu estilo sinxelo dende "Que veinte años no es nada". Á hora de facerme un regalo ela é un acerto seguro!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión