Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Temos a práctica totalidade de servizos activados. Os únicos espazos que permanecerán pechados, por seguridade, serán as bebetecas.
O acceso ás salas xerais é libre mais con limitación da capacidade marcada polas autoridades sanitarias.
Só a Biblioteca de Estudos Locais mantén a cita previa. No resto de bibliotecas podes acceder libremente e non é preciso que o solicites previamente, mais podes facelo se o prefires.
O uso de máscara é obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos e en todas as instalacións haberá xel hidroalcólico para aplicarte nas mans antes da túa entrada. Recoméndase tamén o lavado frecuente de mans con auga e xabón.
As salas infantís abrirán a partir das 16h, con excepción do día da semana en que non presten atención ao público en cada biblioteca.
Reservamos unha xornada á semana para a realización de actividades de forma segura, é por iso que unha xornada semanal en horario de tarde cada centro estará pechado ao público.
Os sábados permanecerán abertas durante toda a xornada de apertura daquelas bibliotecas que prestan servizos este día. Podes consultar os horarios de cada biblioteca.
As persoas maiores de 6 anos usarán máscaras individuais, e as menores desa idade accederán obrigatoriamente acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
Retomamos a celebración de actividades, virtuais ou presenciais según a situación sanitaria do momento. No buscador de actividades aparecen todas as abertas á participación do público.
Volven funcionar con normalidade e, coma sempre, require reserva previa.
Habilitamos novamente o servizo de prensa, que será retirada diariamente para a súa reciclaxe.
Podes levar ata 15 títulos en préstamo por un período de 30 días. Para ampliar información sobre as características e condicións deste servizo, consulta o apartado "Préstamo".
Seguindo as directrices da Biblioteca Nacional de España, establecemos unha corentena de 7 días dos materiais unha vez devoltos e antes de volver poñelos a disposición do público
O acceso é libre ata ocupar a capacidade máxima, con excepción da Biblioteca de Estudos Locais na que a solicitude é obrigatoria.
Para asegurar o teu sitio, podes facer a reserva chamando por teléfono ou a través do formulario web (importante: o formulario é unha solicitude e deberás esperar a que che confirmemos a dispoñibilidade). Ten en conta que o acceso para a consulta en sala será asignado exclusivamente nos horarios de apertura de cada biblioteca.
Este servizo permanece, de momento, inoperativo.
Recomendacións
Queremos que os espazos bibliotecarios sigan sendo espazos amigables e seguros. É conveniente que todas as persoas apliquemos a responsabilidade individual co obxectivo de manter a seguridade colectiva. Só hai que seguir unhas sinxelas recomendacións:
É conveniente que todas as persoas instalemos a app oficial de rastrexo da Covid-19. Así, entre todas, contribuiremos a parar o virus.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible