Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Desconfinar a Lingua: Letras Galegas 2020

desnconfinando a lingua

As Bibliotecas Municipais celebramos o día Das Letras Galegas 2020 coa campaña "Desconfinar a lingua", unha ocasión  para coñecer, usar e vivir a lingua con normalidade e sen filtros en todos os ámbitos e situacións. 

Vimos dun tempo estraño e difícil, dunha pausa forzosa nas nosas vidas, confinados e confinadas do tacto e da conversa directa. Este confinamento afastounos de moitas cousas, mais estamos a comezar un tempo novo.

Nesta nova normalidade hai unha ferramenta humilde e simple que nos acompaña: as máscaras. Que cobren a nosa faciana hoxe para abrir horizontes abertos mañá. Tamén así os libros, a música, o pensamento, a palabra oral e escrita, nos achegan mundos, propostas, escenarios, realidades que amplían as nosas propias vidas.

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas tapamos a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma. 

  • Desconfinar a lingua é descubrir toda a creación que se pode desfrutar en galego.
  • Desconfinar a lingua é, con Carvalho Calero, aproveitarmos o vínculo directo de galego e portugués para sentir un mundo de contidos e posibilidades.
  • Desconfinar a lingua é ir máis alá do coñecido e poñer o foco na creación máis viva e contemporánea.
  • Desconfinar a lingua é coñecela, poder usala, vivila con normalidade e sen filtros, en todos os ámbitos e situacións.
  • Desconfinar a lingua é mostrar a nosa cara este 17 de maio nas redes, con libros, discos, publicacións, filmes... na nosa lingua, como xeito de os mostrar, recomendar e dar a coñecer. 

As escritoras María Reimóndez e Fina Casalderrey inaugurarán este conxunto de propostas dedicadas á creación en lingua galega entre as que sobresaen as actividades orientadas ao apoio de creadoras e creadores emerxentes do panorama literario galego nos blogues dos Clubs de Lectura e no Club Queeruña,  a participación de Miguel Ángel Alonso Diz no programa " Contan que contan" e a estrea de "Vieiros de esperanza", un documental de Antón Rodríguez sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero que terá lugar o día 15 de maio, e que completa toda unha serie de iniciativas para visibilizar ao autor ferrolán, entre as que se atopa a representación dun noticiario por parte do Club de Teatro Lido que nos achegará á personalidade do escritor a través dun podcast.

Ao longo detoda a semana, e ata o 17 de maio, todos os nosos espazos virtuais inundaranse da lingua galega:

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión