Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Verás que verán

campaña veras que veran

As Bibliotecas Municipais poñemos en marcha  unha campaña durante este verán destinada a todas as idades.

En Verás que verán atoparás accións e actividades onde os protagonistas son os libros, a música, as películas... e a lectura.

  • Contacontos
  • Recomendacións de lecturas
  • Mostras bibliográficas
  • Podcast
  • Préstamos de lotes de material

As Bibliotecarias Contan no verán

Damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para os mais pequenos e pequenas da casa.  As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

Tedes unha cita é todos os vernes, de xuño, xullo e agosto,  ás 11:00 horas no Instragram das Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna.

Recomendamos lecturas: Guía de lectura 

Durante este verán o persoal bibliotecario seguimos facendo un dos traballos que máis nos gusta: recomendar lecturas. Por iso elaboramos unha guía de lectura con recomendacións de libros para todas as idades de infantil e xuvenil que de seguro contribuirán a poder viaxar coa imaxinación no espazo e no tempo, rir a gargalladas ou estremecervos de medo, lembrar outras épocas ou mesmo aguzar o enxeño ante un misterio. 

Ademáis, na Biblioteca Ágora elaboraron a guía Lecturas refrescantes, que recolle unha selección do máis fresco incorproado á biblioteca.

Mostras bibliográficas:

  • San Xoán a través dos seus carteis: a colección de carteis que sobre a noite meiga, alberga a biblioteca de Estudos Locais.
  • As Municipais Entenden: un ano máis festexamos o día do Orgullo falando de diversidade.
  • Le, viaxa, sóña... e Verás que Verán: neste verán postconfinamento, tan diferente, queremos, pouco a pouco, volver á normalidade. No ciclo de verán Le, viaxa, soña...atoparedes unha serie de lecturas e cancións que vos farán viaxar a distintos lugares, sen necesidade de facer a maleta.
  • Sobre os Dereitos civiles

Date ao lote e verás que verán:

A escolla dos documentos para o verán preparamos unha selección de lotes de materias para levar en préstamo. Estes lotes están categorizados por tramos de idade e por temática. Podes tramitar a solicitude do lote de material dende o formulario dispoñible na nosa páxina web ou chamando á biblioteca máis próxima. E como sempre, tamén intentaremos dar resposta ás necesidades particulares.

Lemos para ti:

Durante os meses de verán lemos para tí e acompañamoste a través da voz no noso podcast.

Guía de lectura recomendacións para o Verán

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión