Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Día da Biblioteca 2022

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán o próximo 24 de outubro o Día Internacional da Biblioteca sumándose á iniciativa do Ministerio de Cultura baixo o lema "BiblioTEcuida", que se centra en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, se preocupan por atender as necesidades das súas persoas usuarias.

As Bibliotecas Municipais da Coruña conmemoramos o noso día dándolle visibilidade ao noso traballo, informando do que ofrecemos nas bibliotecas da rede con servizos e actividades que coidan da xente e celebrando o noso día con varias actividades.

  • As bibliotecas non só prestamos libros e somos aptas para todos os públicos.
  • Somos lugares de aprendizaxe.
  • Ofrecemos recursos gratuítos.
  • Facilitamos o acceso ao mundo dixital.
  • Contamos con espazos para sentirse como na casa.
  • Cremos na importancia dos autocoidados.
  • Creamos identidade e somos a memoria da cidade.

Cidadanía e servizos protagonizarán unha efeméride coa que pretendemos visibilizar o imprescindible lugar que ocupan na cotiandade da comunidade, tal e como se desprende dos diversos testemuños que nos fixeron chegar.

Así celebramos o Día da Biblioteca:

Pareparamos unha variedade de actividades para celebrar o noso día contigo. Porque nos gusta coidarte!:

Buscar en Flickr

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión