Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Ciclo temático "Educación nas marxes"

Novo Ciclo Temático na Biblioteca Fórum Metropolitano baixo o título "Educación nas marxes".

Conversas arredor da equidade, a diversidade e a calidade nas marxes do sistema educativo galego. Coordinado por Lara Crespo.

Educación nas marxes

O Ciclo "Educación nas marxes" en colaboración coa Asociación de veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros, busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Queremos sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades.

Lara Crespo García (Profesora, formadora e científica):

Apaixonada da educación e da FP. Doutora en Biomedicina, profesora de FP Básica e Grado Medio. Co-fundadora da Asociación en la Ultima Fila e Coordinadora do proxecto Master FPlaB, un máster contra o abandono escolar prematuro dos alumnos de FPB. Actualmente traballa dende A Coruña como consultora educativa independente en proxectos relacionados coa formación docente

Ciclo de outono:

  • Equidade.

20 de Outubro:  Abandono escolar en Galicia. Datos, boas prácticas e áreas de mellora .

  • Diversidade.

3 de Novembro:  O colectivo LGTBIQ+ nas escolas galegas. O camiño percorrido e o que queda por percorrer .

  • Calidade.

1 de Decembro:  Como se forma o profesorado? Formación inicial e continua dos nosos mestres.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión