Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

PRIMALETRAS: primavera dos libros e das letras

Ilustración de David Pintor

Desde as bibliotecas municipais da Coruña organizamos unha manchea de actividades e eventos dirixidos a aprender e pasalo en grande entre libros e historias para poder participar da efervescencia creativa que nos arrodea. Esta primavera, poderás ver florecer as letras!

As Bibliotecas queremos ver florecer as letras esta primavera, por iso organizamos o Festival literario e cultural "PrimaLetras" para celebrar na cidade da Coruña todas as efemérides relacionadas co libro e a lectura que se aglutinan nos meses da primavera (marzo/maio), con especial atención ao 23 de abril (día do Libro).

O noso obxectivo de dar visibilidade ao talento literario e á efervescencia cultural que vivimos na actualidade e, ao mesmo tempo, ofrecer actividades de calidade para as persoas usuarias das bibliotecas municipais que confían no noso traballo e o demostran participando en todas as propostas que lles facemos.

Durante os meses de marzo a maio, celebraremos as seguintes efemérides con diversos actos e actividades ao longo das semanas:

  • 21 de marzo: día da poesía
  • 27 de marzo: día do teatro
  • 02 de abril: día do libro infantil e xuvenil
  • 23 de abril: día do libro
  • 01 de maio: día da banda deseñada
  • 17 de maio: día das letras galegas

Tomade nota de toda a programación.

Cartel PrimaLetras

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión