Familias
Familias
Dende o 21/01/2022 ata o 07/02/2022
Xa rematou
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Contacontos quincenal dentro da programación Contar Apego.
Aquí chega outro dos contos gravados para emitírense dentro do noso Contar Apego!
Hoxe Sole Felloza é quen nos conta "A cor máis fermosa", a historia de Serafín, un neno que ten que levar a bolsa do xantar ao seu avó pintor e que, de camiño, atopa unha flor que ten unha cor moi especial.
Cal é para vós a cor máis fermosa e especial do mundo?
O vídeo permanecerá aloxado na nosa web durante quince días ata emitir o seguinte conto.
Sucesivamente Soledad Felloza, Charo Pita e Raquel Queizás irán contando para nós, cada dúas semanas, unha nova historia.
Sen horarios, sen inscricións, sen medidas anti-covid e para desfrutar unha e outra vez.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible