Charlas e debates
Para público en xeral
24/05/2022
Xa rematou
Acceso libre até completar a capacidade.
Das 19.00 h ás 20.30 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
En colaboración coa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña.
O martes 24 de maio ás 19 h. temos na Biblioteca Fórum temos unha charla sobre educación vial.
A convivencia segura entre os distintos medios de transporte é posible e por iso cremos que esta charla coa Policía Local sobre seguridade vial pode botar luz sobre as posibilidades sostibles que existen.
Se queres coñecer as normas de circulación vial actuais esta charla é xusto para ti! Ven a actualizarte, ven a aprender, en familia ou só, maiores e novos, agardámoste!
Esta actividade forma parte dunha campaña informativa e formativa centrada en potenciar o uso da bicicleta e outros medios de transporte sostible como solución segura, ecolóxica e económica aos problemas actuais de mobilidade urbana.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible