Outras actividades
Infantil, Familias
+8 anos / Acompañados dun adulto.
23/09/2015
Xa rematou
Dende o 17/09/2015 ata o 23/09/2015
Regresa a programación expandida do TRCDanza con Mónica Runde.
Arrinca a nova tempada de outono de TRCDanza e faino celebrando os 25 anos de traxectoria da compañía madrileña 10&10 Danza, dirixida pola coreógrafa Mónica Runde.
Ao redor dela vira o programa expandido que chega ás bibliotecas no que poderemos, por unha banda, coñecela máis de preto e, polo outro, participar dunhas prácticas escénicas conducidas por dúas marabillosas artistas locais: Rut Balbís e Laura Villaverde.
Logo, o día 25, poderás vela no Teatro Rosalía.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible