Contacontos
Familias, Infantil
Dende o 22/04/2020 ás 18:00 ata o 11/05/2020 ás 19:00 , os luns, martes, mércores, xoves e venres
Xa rematou
Actividade en liña, acceso dende as distintas redes sociais: twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan.
18.00 horas.
Dentro da programación #BibliotecaEnCasa gozamos dos contos con "As Bibliotecarias Contan"!
#AsBibliotecariasContan é unha iniciativa que nace en tempos de confinamento por mor do covid-19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla.
De luns a venres, ás 18.00 horas na nosas redes sociais twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan
Deste xeito, todas e todos respectamos con responsabilidade o #QuedaNaCasa e seguimos gozando de fermosos contos, neste caso na modalidade virtual pero coa mesma dedicación, emoción, agarimo e coidado que nas salas infantís das nosas bibliotecas.
+ info no blog das salas infantis.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible