Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 24/10/2016 ata o 25/10/2016
Xa rematou
de 9 a 14 horas
981184384
Para conmemorar o Día internacional das bibliotecas, o propio día 24 de outubro, e tamén o 25, instalarémonos nos mercados municipais de Elviña, Conchiñas, Praza de Lugo, San Agustín e Monte Alto.
Hai que alimentar o corpo, e tamén hai que alimentar a mente!
Achégate ao noso stand!
Queres saber ...
En que consisten as feiras e salóns?
Cada biblioteca participa en feiras, salóns e eventos comunitarios que teñen lugar nos seus barrios ou zonas de influencia, e xuntas, como rede de bibliotecas, naqueles cuxo ámbito de influencia é toda a cidade. O tipo de participación varía en función do tipo evento e as ganancias son diversas: dar a coñecer os servizos das bibliotecas á cidadanía que non as coñece, cooperar e compartir recursos con outras entidades e colectivos da comunidade etc.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible