Visita o álbum de fotos desta actividade
Bebeteca
Bebés, Familias
Bebés de 0 a 24 meses
20/05/2023
Xa rematou
Dende o 13/05/2023 ata o 20/05/2023
De 11:30 a 12:30 horas
1
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 18 42 98
Porque non é demasiado cedo para descubrir as palabras, o ritmo e as historias
Contos para cantar e contar
O sábado 20 de maio ás 11:30 h. temos o bebencontro final da tempada na Biblioteca Fórum.
Nesta derradeira sesión queremos facer unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces sons e música, os máis pequenos irán percorrendo nunha barca chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes. Experimentaremos coas cores, as formas, as partes do corpo ... Unha experiencia única para nenos e nenas.
Actividade realizada por Donde viven los cuentos
Queres saber ...
En que consisten os bebencontros?
Sesións dirixidas a familias con bebés entre 0 e 24 meses. Nelas móstraselles aos pais e nais que facer cos libros, as historias, as cancións, os contos... nestas primeiras idades.
Nestas reunións de pais, nais, bibliotecarios/as e bebés escóitanse, míranse e manipúlanse libros, apréndense cancións, explórase e experiméntase.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible