Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Bebescena 2022: MIMESIS de Zig Zag Danza

Por tipo de público:

Familias

A quen vai dirixido?:

Familiar con bebés, a partir de 6 meses a 3 anos.

Cando:

09/10/2022

Duración:

35 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Contacto:

agora@coruna.gal

Organiza:

IMCE

Danza contemporánea, con música en directo.

Ti es o que ves. Somos o que vemos. A tribo reúnese para o ritual iniciático da viaxe da vida. Como nun espello, moldearemos o reflexo daquilo que nos rodea reinterpretándolo para chegar a ser o que somos. Antes de Nada, Todo NON era.

MIMESIS constrúese en ton á imitación como vía de relación co mundo que nos rodea, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunicada dunha contorna natural que nos serve de referencia para a construción do que chegaremos a ser. A modo de ritual non verbal comunicámonos entre nós, comunicámonos convosco, comunicádesvos connosco e no xogo da repetición o espazo que habitamos transfórmase.

MIMESIS concíbese como un ritual escénico iniciático para a primeira infancia e as súas familias, que constrúe un ecosistema escénico para que sexa habitado e compartido por intérpretes e familias participantes. É unha proposta que parte da honestidade e o respecto, preservando a capacidade de desenvolvemento creativo dos públicos máis cativos, cunha coidada produción internacional de máis de tres anos realizada entre España e Alemaña.

https://www.youtube.com/watch?v=8sBQ8kmPITk

Concepto, coreografía e interpretación: Estrella García y Miguel Quiroga.

Música orixinal e interpretación: Miguel Pérez Iniesta e Emmanuelle Bernard.

Dirección artística: Estrella García.

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión