Charlas e debates
Para público en xeral
+ 16 anos
21/10/2021
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
de 19 a 21 horas
Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña
981184382
Charla do grupo Biblioteca Verde dentro do ciclo "Alimentación sostible".
Nesta primeira charla do curso falaremos sobre alimentación sostible orientada a comidas para colectivos: desde comedores escolares ata festivais de música, pasando por comedores de grandes empresas como Inditex. Veremos como é posible recorrer á agricultura e á pesca ecolóxicas, de proximidade, artesanais e sostibles. Pero tamén como se xestionan os desperdicios, como controlar o uso de pesticidas e que protocolos de hixiene levan a cabo.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible