Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Boyanka Kostova protagoniza o AgoraSón de outono cun concerto que terá lugar o sábado 14 de outubro, en conmemoración do Día das Bibliotecas

Cando:

6 de outubro de 2023

As invitacións para asistir á actuación só se poden conseguir nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega

O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, organiza o vindeiro sábado 14 de outubro unha nova edición do AgoraSón de outono, un evento cultural xa clásico destas datas no Centro Sociocultural Ágora, e que nesta ocasión contará con Boyanka Kostova en concerto, ás 21.00 horas.

Esta iniciativa, que se leva a cabo co gallo do Día das Bibliotecas, está promovida polo equipo de profesionais do Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.

A actuación de Boyanka Kostova, un dúo compostelán que foi pioneiro no xénero do trap en galego, dá continuidade á aposta do Concello polos artistas da nosa terra en citas como o AgoraSón, que en edicións previas contou con Luar na Lubre, as Tanxugueiras e Ruxe Ruxe, entre outros.

Cibrán García e Chicho do Funk 'Ortiga', integrantes de Boyanka Kostova, poden presumir dunha traxectoria fulgurante no contexto do circuíto da música urbana galega. Con grandes éxitos como 'Colacao', 'Muinheira de interior' ou 'Diego Tristán', amosan as infinitas referencias e influencias que absorberon ao longo dos anos: a música máis urbana, os ritmos galegos máis tradicionais, as bases electrónicas e unha estética moi apegada aos anos noventa e o comezo do novo milenio.

Segundo AgoraSón deste ano 2023

O AgoraSón lévase a cabo dúas veces ao ano: na primavera -polo Día das Letras Galegas- e no outono -en conmemoración polo Día das Bibliotecas-. O obxectivo desta proposta é dobre: ofrecer un espectáculo musical nun recinto tan especial como o auditorio do Centro Sociocultural Ágora e, en paralelo, levar a cabo un proceso de dinamización lingüística e de promoción da lectura, xa que as invitacións para asistir ao concerto só se poden conseguir nas Bibliotecas Municipais da Coruña ao retirar material, tanto de lectura como audiovisual, en lingua galega.

Deste xeito o Servizo de Normalización Lingüística, coa colaboración das Bibliotecas Municipais, poden ofrecer unha dupla oferta cultural desde o Concello da Coruña.  

Como e onde obter os pases

O concerto terá lugar o sábado 14 de outubro, ás 21.00 horas, e só será posible a asistencia entregando a invitación previamente retirada nas Bibliotecas Municipais.

O repartimento destas invitacións comezará este venres 6 de outubro, e cada persoa poderá retirar, como máximo, dúas invitacións. Os convites non están numerados, polo que haberá que chegar puntual para escoller as mellores butacas.

Máis información, aquí:  Boyanka Kostova no AgoraSón do outono 2023

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión