Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: Faladoiro con Antonio Seijas

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

08/06/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar aforo

Horario:

19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Mercedes Conchado

bforum@coruna.es

981184298

O autor e ilustrador de banda deseñada Antonio Seijas falará da súa obra e responderá a todas as cuestión que os asistentes lle expoñan. Anímate a participar!

Antonio Seijas (Ares, 1976) ilustrador e autor de banda deseñada, falaranos  do proceso de creación dos seus albumes de banda deseñada: "Un Hombre Feliz" (Premiado no Certame Castelao da Deputación da Coruña e Premio ao mellor guión no Saló do Cómic de Barcelona por votación popular), "Cartas de Inverno" adaptación da obra de Agustín Fernández Paz e Premio Isaac Diaz Pardo ao mellor libro ilustrado en Galicia 2012 pola Asociación Galega de Editores, e "La LUZ" Nominada a Mellor Obra Española do 2014 nos Premios Expocómic. Asi mesmo amosaranos imaxes dos seus traballos para cubertas de discos, libros, literatura infantil e xuvenil e  pintura, e falará dos seus últimos proxectos.

Web de Antonio Seijas: http://www.antonioseijas.com/

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión