Clubs
Persoas adultas
A partir dos 19 anos
Dende o 05/10/2022 ás 11:00 ata o 24/05/2023 ás 11:00 , os mércores
Encontros quincenais.
Dende o 15/09/2022 ata o 05/10/2022
Require inscrición
de 11:00 a 12:30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
bduranloriga@coruna.gal
981184388
O ClubDL está de volta!
O club de lectura para persoas adultas da Biblioteca Durán Loriga abre as súas portas de novo a partir de outubro.
As reunións serán os mércores, cada quince días, de 11:00 a 12:30h.
Se queres máis información podes vir preguntar á Biblioteca Durán Loriga, chamarnos por teléfono (981 184 388) ou escribirnos ao noso correo (bduranloriga@coruna.gal).
Esperámoste!
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura?
Os clubs de lectura presenciais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Coñece os nosos clubs de lectura
Clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña (ano 2022
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible