Charlas e debates
Para público en xeral
+14 anos
26/05/2026
De 18:00 a 20:00 horas
2 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña
981 184 392
Tenza e coidado dos animais de compañía
Convivir cun animal achéganos felicidade e lealdade, pero tamén esixe un compromiso real e consciente co seu benestar. Nesta xornada divulgativa exploraremos os beneficios deste vínculo e afondaremos nas responsabilidades que comporta a súa tenza, dende os coidados veterinarios e unha alimentación axeitada ata o cumprimento das obrigas legais, o esparcimento e o cariño diario. Poñeremos o foco na adopcióne e as particularidades das razas de cans potencialmente perigosas para fomentar un manexo responsable.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible