Contacontos
Infantil
De 4 a 12 anos
26/05/2016
Xa rematou
Dende o 19/05/2016 ata o 26/05/2016
18.30 horas
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza de Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña
981184390
O mundo dos contos esta cheo de presumidos e de presumidas que, antes ou despois, reciben unha lección.
A Mimí gústalle perseguir ratos todo o tempo, pero... que lle pasaría se perdera o bigote?
Imaxínate un rei sen orellas; un corvo que pensa que ten boa voz ou unha rata que busca un príncipe...
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, a través do seu programa Ler conta moito, tráenos este contacontos inspirado no libro "O bigote de Mimí" de Manuel María, homenaxeado polas Letras Galegas deste ano 2016
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible