Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Conversa: Ciencia e ficción, dúas caras da mesma moeda

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

10/03/2020

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.es

981 184389

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral. O martes, 10 de febreiro, a Biblioteca Os Rosales Nieves Delgado ofrecerá unha charla sobre a tecnoloxía na literatura de ciencia ficción, dentro do ciclo "Tecnoloxía vs. Humanos. Estamos preparados para a nova era dixital?".

Os clubs de lectura da Biblioteca Os Rosales, Café con libros, nun intento de achegarnos ao xénero da ciencia ficción, vimos de ler dúas obras como "Un mundo feliz" e "Lágrimas en la lluvia". Na charla de Nieves Delgado incidiremos nos aspectos da tecnoloxía que podemos extraer dos libros de ciencia ficción, obtendo as chaves para ler con maior frecuencia esta literatura, derrubando deste xeito posibles prexuizos e vinculándoa coa deriva do mundo no que vivimos.

Nieves Delgado é unha escritora galega de ciencia ficción, gañadora do Premio Ignotus en tres ocasións: polo seu relato curto "Casas rojas" e polas súas novelas "36" e "UNO". Escribiu tamén multitude de relatos e varios artigos. É editora do Visións 2018. Ademais, compaxina a súa faceta de escritora coa de profesora de física en educación secundaria.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión