Charlas e debates
Persoas adultas
25/05/2020
Xa rematou
Actividade en liña, máis detalles da inscrición no seu evento de Meetup.
De 19.00 a 20.00 horas.
Meetup: meetup.com/Distopias-Cotias
Correo electrónico: ola@distopiascotias.gal
Distopías cotiás, encontros mensuais nos que reflexionar sobre os impactos das tecnoloxías nas nosas vidas.
Distopías cotiás é espazo de reflexión -que nace da man de Coruña Dixital- sobre tecnoloxías e prácticas na contorna dixital que, ata hai ben pouco, ocupaban a esfera da ciencia ficción e que a día de hoxe xa forman parte, en maior ou menor grao, da nosa realidade cotiá.
A Biblioteca Ágora convértese cada mes nun foro que acolle encontros de pensamento contemporáneo que tratan cuestións que están a xerar fondos debates, polo seu enorme impacto na nosa sociedade como: ética tecnolóxica, soberanía dixital, capitalismo...
Nesta sesión, que se desenvolverá na modalidade en liña, Pietro Marini,desenvolvedor e consultor Big Data en grandes empresas especializado en Enxeñaría de Software e Sistemas Analíticos, introdúcenos no tema do Big Data e a Intelixencia Artificial explicando que hai detrás destas expresións, como funcionan e que intentan acadar, tratando así de familiarizarnos con estes elementos centrais nas nosas vidas que aínda seguen a ser descoñecidos para a maioría da xente.
O formato consistirá nunha charla introdutoria (aproximadamente 30 minutos) para pasar despois ao espazo de conversa e debate.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible