Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

EDIPO, adaptación de J.R. Martín

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

09/05/2026

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Adaptación e dirección: J.R. Martín

Edipo Rey é a traxedia máis coñecida e famosa de Sófocles; a súa fama débese a que é, sen dúbida, a mellor. A súa estrutura é tecnicamente impecable; o seu desenvolvemento, maxistral; o estudo dos personaxes, perfecto; o mantemento da intriga, sen fisuras. Edipo, soberano de Tebas, é conducido polo poeta, paso a paso e cunha arte insuperable, ata descubrir a súa orixe e o seu tráxico destino: sen sabelo, asasinou ao seu pai, está casado coa súa nai e é a causa da peste que arrasa Tebas. A obra mantén un «crescendo» constante que nunca decae, ofrecendo un estudo perfecto do ser humano e exaltando a personalidade humana.

A medida que o Edipo «de carne e óso», fanfarrón e arrogante, perde poder e claridade, xorde un novo Edipo «con alma», espiritual; gaña forza e finalmente brilla con toda intensidade cando alcanza a catarse final ao aceptar a súa culpabilidade involuntaria, pero devastadora.

Con: Nacho Varela, Pablo Grela, Abel Caballero, Carmen Suárez, Nuria Conde, Juan Sanfiz, María García, Darío Rodríguez.

Coro: Patricia Varela, Saúl Fenda, Ismael Martínez, Sara Rodríguez, Adara Aldao, Laura Pardo, Marta Pardo, Juan do Río, Alma Paredes, Sonia Fernández

Dirección artística: Jesús Ricardo Martín

Deseño decorado: Mónica Pan

Vestiario: Esther Álvarez

Banda sonora: Nacho Varela

Luces e son: Javier Allo

Produción: Corzo Producións

Cartel: Leo Osa

Dirección do coro: Abel Caballero

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión