Encontros e presentacións
Para público en xeral
Público en xeral
28/09/2022
Xa rematou
De 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Biblioteca Municipal de Estudos Locais
981184386
Xurxo Mares presenta dous dos seus libros autoeditados: "Donde se vive" (2019) e "Bailando el agua" (2022). Tamén cantará acompañado pola súa guitarra, amenizando as pasaxes das obras.
Xurxo Mares presenta dous dos seus libros autoeditados: "Donde se vive" (2019) e "Bailando el agua" (2022). Tamén cantará acompañado pola súa guitarra, amenizando as pasaxes das obras.
O primeiro dos libros narra a vida do barrio Monelos nos anos 50 e 60, coa mirada dun neno que vai medrando nese ambente. Xogos, aventuras, amigos e trastadas sucédense en lugares como A Granxa, o cine Monelos, a Estación do Norte, As Cañas, Lazareto...
O segundo libro continúa coas décadas dos 70, 80, 90 e ata hoxe, xa noutro contexto e outras peripecias propias da idade do narrador; lugares como Discos Portobello, El Linar, el Cine Goya, Casa Enrique o El Cantón Bar van enchendo follas e capítulos.
María G. Cotelo, autora de "Un peixe na gorxa" (Editorial Toxosoutos) e coñecedora da obra de Xurxo Mares, fará unha semblanza dos libros.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible