Contacontos
Infantil, Familias
De 2 a 4 anos
06/04/2020
Xa rematou
De 18:00 a 19:00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Nova edición de Falando a Boca Chea.
Contacontos especial para nenos e nenas na Biblioteca Forum Metropolitano a cargo de Bea Campos dentro do programa Falando a Boca Chea, o próximo 23 de Abril ás 18:00 h.
Durante os días do 21 ao 25 de abril chegará á A Coruña "FALANDO A BOCA CHEA" un festival de narración oral que conta co apoio incondicional desde os seus inicios do Concello de A Coruña e do Fórum Metropolitano, da mán de Artestudio Xestión Cultural; con diversos espectáculos protagonizados dende un colectivo de amador de teatro oral ata famosos/as narradores/as galegos/as, pasando por novas voces da narración oral en Galicia.
A narración oral pode chegar a ser un formidable punto de encontro de persoas, independentemente da súa idade, sexo, orixe.... Un encontro no que se abren novas vías de comunicación a través das historias orais tradicionais e doutras máis innovadoras.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible