Para público en xeral
16/07/2020
Xa rematou
Entradas esgotadas
22.30 h
Prezo: 3,00 € (descontos carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €)
Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.
Os ollos sen rostro
"Un desgraciado accidente de tráfico desfigura a filla dun famoso cirurxián, que tolea. Desde entón, rapta mozas para experimentar con elas e intentar devolver a beleza da súa filla". O infravalorado Georges Franju, unha das voces máis persoais do cinema francés, entrega unha película con pingas de fantástico que transcende o xénero e convértese nunha das historias de amour fou máis impactantes que nos deu o cinema.
Convidada: SANDRA SÁNCHEZ (cineasta)
Perfil biográfico: Sandra Sánchez. Directora, montadora e guionista. Dirixiu a longametraxe "Tralas luces" e a curtametraxe A nena azul". Tamén é montadora de filmes como "Esquece Monelos" ou "Migas de pan", ademais de numerosos documentais, series e curtametraxes.
VENDA DE ENTRADAS: LOCALIDADES ESGOTADAS
Venda anticipada: desde as 9.00 h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com.
Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: aberto só se quedan localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible