Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: Presentación do libro de Benjamín Sande

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

06/04/2020

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 27 de Abril ás 19:00 h. dentro do Programa #LunsDeEncontros temos a presentación do libro "La transfiguración de Tinuco en La Recoponostiofono IV" de Benjamín Sande Rodríguez publicado por Letrame Grupo Editorial.

Acompañarán ao autor Tomás Rodríguez Mosquera, Ex Director Xeral de Pesca da Xunta de Galicia e Antón Luaces Teixido, periodista e locutor de Radio Nacional de España.

SINOPSE:

É unha novela, de ficción, que descobre, a onde se van e o que fan as almas, cando un morre, unha vez que se separan do corpo. Así como desvela os segredos e criterios que rexen, para as almas que non alcanzan directamente o ceo. Onde para o diaño e para Deus, non valen as ideas mercantilistas, que moitos teñen na Terra. 

BENJAMÍN SANDE RODRIGUEZ

Nace en Galicia na década dos 40. Realiza estudos de Peritaxe Industrial, en Vigo, para máis tarde pasarse á carreira de Náutica, levado pola paixón que sempre sentiu cara o mar. Realiza os estudos de Máquinas Mariñas da Mariña Mercante. Profesionalmente percorre case todo o mundo a bordo de todo tipo de buques, de carga, pasaxe e grandes petroleiros, exercendo nalgún deles o cargo de Xefe de Máquinas.

Destaca como comunicador, aproveita os lugares visitados para enviar relatos e varias reportaxes, que son publicados por diarios e revistas. Funda a revista técnica "Ingeniería Marítima".

Publica o seu primeiro libro, gañador dun concurso, para a Xunta de Galicia co título "Salvamento marítimo". A súa afección como escritor lévalle a publicar no ano 2016 a súa primeira gran novela, obra narrativa, co título "O Octopus de Tinuco", con gran éxito. En 2018 publica a súa segunda novela titulada  "La doble muerte del indiano Felipe",  novela de ficción. Actualmente sae á palestra coa súa terceira novela titulada "La transfiguración de Tinuco en La Recoponostiofono IV"

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión