Encontros e presentacións
Persoas adultas, Xuvenil
+ 14 anos
25/03/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
De 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Visítanos Alicia Pérez-Hervada, unha nai polifacética, médico e escritora, indaga constantemente na realidade buscando transformala creativamente. Experimentada en acompañar procesos vitais e na narrativa do sentido, escribiu para ti esta historia que quere ser contada, cun propósito: vencer o noso maior medo.
Grazas á intersección das súas distintas facetas vitais atopa unha linguaxe propia para dar voz á vida que coñece e á levedade do inexpresable.
Siempre es ahora, está publicado pola Editorial Séneca.
Nunca sabes, ao comezar un novo día, que é ese, precisamente ese, o que cambiará as cousas para sempre.
Un día coma calquera outro, ou mesmo, mellor que calquera outro. Atrapado nestas primeiras frases non quererás parar de ler. No mellor da vida... un diagnóstico inesperado... unha loita... algo que todos quixésemos aprender... a maior das conquistas... Acompañarasme ata aquí?
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible