Para público en xeral
07/05/2026
Xoves ás 20:00 h
84 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos
Carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas 2,00 €
** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
RECOMÉNDASE:
forummetropolitano@coruna.gal
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
WRITTING HAWA (Escribindo Hawa) o documental do mes de maio
Hawa, que foi obrigada a casar cando era unha nena, comeza unha vida independente e aprende a ler e escribir con 52 anos. Pero co retorno dos talibán ao poder, os seus soños - xunto aos da súa filla, a directora do documental, e a súa neta - rompen e afrontan novas dificultades: un relato conmovedor de tres xeracións de mulleres afgás que loitan pola liberdade.
Najiba Noori
Najiba Noori (autora, directora) naceu en 1995 en Bamiyan, Afganistán. Empezou a traballar para organizacións de medios de comunicación como voluntaria cando tiña só 15 anos. Participou en varios talleres de fotografía e cinema en Cabul, Afganistán. Realizou reportaxes e historias fotográficas para diversas organizacións e axencias, como AFP, Huffington Post, MSF, FMIC, NRC e UN Women en Afganistán. Participou no programa Close-Up 2020-2021 e no IDFA Academy 2022. Uniuse á AFP como xornalista de vídeo no 2019. En 2021 viuse obrigada a abandonar o seu país cando os talibán tomaron o poder en Afganistán. Agora vive en Francia. Writting Hawa é o seu primeiro documental.
Rasul Noori
Rasul Noori (codirector) naceu en 1994 en Bamiyan, Afganistán, e se graduó en xornalismo en Cabul. Realizou varios vídeos curtos para NRC, GIZ e FMIC en Afganistán. Foi un dos directores de fotografía da curtametraxe Hoof coa compañía americana Hungry Man en Bamiyan.
Un documental de Najiba Noori, Rasul Noori
Francia, Países Baixos, Afganistán, Qatar 2025
84 minutos - VO en persa subtitulado español
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible