Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
11/02/2026, de 18:30 a 20:30
Entrada libre ata completar cabida.
18.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
981 18 43 88
Ser científica hoxe - retos compartidos, realidades distintas
Dentro da segunda edición do Programa Laboratorios Propios do CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC) a Biblioteca Municipal Durán Loriga acollerá a Mesa redonda "Ser científica hoxe - retos compartidos, realidades distintas" celebrada polo Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Esta xornada servirá como encontro entre investigadoras de diferentes ámbitos científicos. A través de experiencias personais e profesionaiss, as ponentes ofrecerán unha visión comparada e realista das dificultades actuais, contribuíndo a desmontar estereotipos e a xerar referentes femininos diversos.
As participantes na mesa serán:
Socorro Castro, investigadora do grupo udcsolidos do CICA
María Suárez Taboada, investigadora no grupo M2Nica de CITIC
Mª Isabel Martínez Lage, investigadora do grupo gCons de CITEEC
Coa celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia trátase de:
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible