+14 anos
Dende o 26/01/2026 ata o 27/01/2026
Dende o 19/01/2026 ata o 25/01/2026
Inscrición en liña
09.00-12.00 h
6 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña
981 184 388
Conéctate coa túa cidade
Imaxina ter a cidade enteira no teu móbil: transportes, trámites, bibliotecas e moito máis... Todo nun só lugar, de xeito sinxelo e á vez. A App Coruña é a túa chave dixital para conectarte cos servizos municipais. Neste obradoiro práctico aprenderás paso a paso a usar todas as funcións desta ferramenta esencial: desde consultar horarios de autobuses e reservar bicicletas ata pagar impostos, xestionar préstamos da biblioteca ou descobrir actividades culturais.
Queres saber ...
Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible