Talleres
Infantil, Xuvenil
+ 8 anos
08/08/2016
Xa rematou
Dende o 01/08/2016 ata o 08/08/2016
de 12 a 14 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Atréveste a facer un cómic sobre a túa propia vida? Este obradoiro darache as pistas para conseguilo!
O coñecido ilustrador Xosé Tomás será o encargado de impartir este obradoiro de banda deseñada que organizamos en colaboración coa Xunta de Galicia a través do seu programa Ler conta moito.
Nel, as persoas participantes poderán aprender a facer un cómic, inventando guións sobre a súa propia vida, creando os seus personaxes baseados no seu contorno e plasmando todo nas ilustracións que conformarán o cómic final.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible