Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro de escritura creativa "Ás de papel", con María Canosa

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas a partir de 18 anos

Cando:

Dende o 02/03/2026 ás 18:30 ata o 25/05/2026 ás 18:30 , os luns

Inscricións:

Dende o 18/02/2026 ata o 02/03/2026

Inscrición en liña, ou ben en persoa na Biblioteca Municipal de Monte Alto ou tamén por teléfono chamando ao número 981184382

Horario:

18.30 - 20.00 h

Duración:

1.5 h. por xornada

Enderezo:

Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña

Contacto:

No obradoiro, impartido pola escritora galega María Canosa, combinarase a teoría coa práctica do proceso creativo da escrita.

Explicaranse distintas estratexias para enfrontarse a un papel en branco, e realizaranse exercicios prácticos aplicándoas. Traballarase basicamente a narrativa, mais tamén se realizará unha pequena introdución á poesia. Quérese fomentar tamén a importancia da biblioteca e da lectura no proceso creativo da escritura.

Serán 7 sesións quincenais entre o 2 de marzo e o 25 de maio.

CONTIDOS:

  • Distintas estratexias de inicio á escrita (teoría e práctica)
  • Descrición dos distintos tipos de personaxes
  • Creación de textos iniciáticos
  • Afrontar un mesmo contido segundo distintos estilos literarios

Ademáis explicárase:.

  • A importancia da Biblioteca na escrita creativa como recurso público onde documentarse e recoller información, como proceso previo antes de escribir o texto.
  • A importancia da lectura no proceso creativo da escrita.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión