Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

OdourCollect: Os olores da Coruña sobre o mapa

Por tipo de actividade:

Charlas e debates, Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

01/04/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade.

Horario:

De 18.30 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Obradoiro a cargo dos gañadores dos Premios Prismas 2021 na modalidade de Proxecto Singular.

Obradoiro "OdourCollect: Os olores da Coruña sobre o mapa" na Biblioteca Fórum o venres 1 de abril ás 18.30 h.

Acceso libre ata completar capacidade.

Que é o olor? Sabías que tanto poden recordarnos momentos vividos como converterse en axentes contaminantes? Neste obradoiro descubriremos curiosidades do sentido do olfato e como se relaciona o olor coa nosa memoria e historia local. As/os asistentes tamén participarán na creación dun mapa colaborativo dos olores -bos e molestos- de A Coruña, a partir de puntos estratéxicos do barrio marcados previamente no devandito mapa.

SfC é unha Pyme fundada no 2019 por Rosa Arias, que aborda retos socioambientais a través da ciencia cidadá.

OdourCollect é unha app desenvolta por SfC que busca poñer os olores sobre o mapa a través das observacións cidadás, sinalalos, valoralos e identificar problemas de olor. Este app gañou o Premio Prisma, ao mellor proxecto singular no 2021 e por iso queren continuar e profundizar o seu traballo en Galicia. Os Premios Primas son unha iniciativa dos Museos Científicos e do Concellos de A Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas as investigadoras e investigadores.

No marco dun proxecto en colaboración con FECYT, apostaron por desenvolver obradoiros en museos e bibliotecas municipais en tanto que son escenarios de aprendizaxe abertos interxeneracionais e transculturais, de aí que pensaron na Biblioteca Forum como espazo idóneo para levar a cabo un dos obradoiros. O seu obxectivo e instaurar a conversación sobre os olores neste barrio onde está ubicada a biblioteca.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión