Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Poetas dinversos: Aleš Šteger e Jesús Castro Yáñez

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

29/11/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar capacidade.

Horario:

20.00 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#Poetasdinversos

Contacto:

Documentos:

Folla informativa (383 KB)

Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

O ciclo de poesía do Concello da Coruña -fundado e dirixido pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño- encara unha nova cita mensual

Nesta ocasión, escoitaranse os versos dun dos maiores poetas de Eslovenia, Aleš Šteger, cunha voz imprescindible da poesía galega moza, Jesús Castro Yáñez: poesía pulsada á vez con fondura e fineza.

Ambos poetas recitarán os seus textos en lingua orixinal a partir das 20.00 h no Auditorio do Centro Ágora, nun acto de arredor dunha hora de duración, totalmente aberto e gratuíto. O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.

Unha libraría de proximidade achegará ao público interesado os títulos dos convidados no caso do interese en solicitar as súas sinaturas

Queres saber ...

  • Poetas di(n)versos

    En que consiste Poetas di(n)versos?

    O ciclo "Poetas di(n)versos" está composto de citas mensuais coa mellor poesía de Galicia e do resto do mundo. Son actos de arredor dunha hora de duración, abertos e totalmente gratuítos, nos que propios e estraños poderán gozar de versos lidos en idioma orixinal e en tradución ao galego, nas voces dos seus autores e autoras, para descubrir a forza e emoción da palabra lírica.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión