Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do cómic: "Un día no Monte da Fraga", de Xulia Pisón

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Público xeral

Cando:

04/06/2026

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 17:00 a 18:00 horas

Duración:

1 hora

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Contacto:

O 05 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, e nas Bibliotecas Municipais facémolo da man de Xulia Pisón  e do seu cómic “Un día no Monte da Fraga”, que será presentado pola nosa compañeira Sira González na Biblioteca Castrillón o xoves 04 ás 17.00 h.

O Concello da Coruña e Coruña Sostible traen una completa programación polo Día do Medio Ambiente, defendendo que o cambio comeza nos barrios.

Nas Bibliotecas Municipais sabemos moito da vida de barrio, así que non podíamos deixar de unirnos á axenda, e facémolo da man de Xulia Pisón e do seu cómic "Un día no Monte da Fraga", que será presentado pola nosa compañeira Sira González.

Anímate a descubrir a fauna e flora do Monte da Fraga, situado na cerna do campus da Zapateira, desde a mirada dunha pequena ratiña de campo, amosando a biodiversidade da contorna e fomentando o respecto pola naturaleza.

A creación deste cómic enmárcase na posta en valor deste espazo forestal, restaurado pola Universidade da Coruña en 2006, hai xa 20 anos, con criterios de xestión ecolóxica e sustentable, e que hoxe exemplifica a figura de Custodia do Territorio, unha ferramenta de participación activa que implica a propietarios, comunidades locais e administracións na defensa e coidado do patrimonio natural.

Somos Biblioteca Verde

Este 05 de xuño, as bibliotecas seguimos aí, comprometidas coa acción climática de proximidade.️

  • Poñendo en práctica a economía circular.
  • Compartindo e defendendo unha información veraz e de calidade.
  • Facendo barrio e traballando con entidades da nosa contorna.

E ti, sabes que podes facer polo clima?

  • Merca local.
  • Móvete a pé, en bus ou bicicleta.
  • Usa as bibliotecas.

Esperámoste!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión