Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Primaletras: Animación co Batallón Literario

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Familias, Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/04/2022 ata o 23/04/2022

Xa rematou

Hashtag:

#PrimaLetras

Contacto:

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)

O Batallón Literario da man de Nelson Quinteiro Producciones percorrerá os barrios e as rúas da cidade co seu espectáculo para celebrar o Día do Libro. 

Trátase dun espectáculo a modo de pasarrúas itinerante con música en directo que une unha posta en escena moi coidada cunha interpretación que reivindica a exaltación poética, a partir de textos coidadosamente escollidos presentes na literatura galega e na tradición oral de Galicia.

Seis actores e actrices caracterizados de escritor@s acompañados por un acordeonista percorrerán as rúas e prazas a golpe de versos, facendo improvisacións, agasallando poemas, recitando, escribindo versos no chan, bailando e interactuando cos e coas viandantes.

Horas e lugares do percorrido:

Venres 22 de abril

18:00 h Praza Concordia-Praza Pablo Iglesias

19:30 h Praza España-Rúa da Torre- Campo de Marte 

Sábado 23 de abril

11:00 h Rúa Barcelona

12:30 h Rúa Manuel Azaña- Praza Elíptica

18:00 h Praza Fábrica de Tabacos- Parque Fórum Metropolitano

19:30 h Obelisco-Mariña 

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión