Concertos e recitais
Para público en xeral
24/10/2021
Xa rematou
Require ter o carné das bibliotecas e retirar a entrada en calquera das sucursais da Rede a partir do xoves 21 ás 9h na xornada de mañá e das 16h na de tarde.
de 19 a 20.30h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
##concertoses #concertodiabibllioteca #concertobibliotecascoruña #ses #concerto #musicagalega
As Biblioteca Municipais celebramos o Día Internacional da Biblioteca cun concerto gratuíto da artista coruñesa Sés.
A cantautora coruñesa actuará no auditorio do centro Ágora coa banda completa o vindeiro domingo 24 de outubro ás 19.00h, exclusivamente para socias e socios das bibliotecas municipais, que necesitarán retirar a súa entrada en calquera das bibliotecas da Rede a partir do xoves 21 ás 9h na xornada de mañá e das 16h na de tarde.
Sés é unha artista comprometida coa protección do patrimonio cultural local. Considerada como a revolución da escena musical galega, cunha traxectoria ascendente motivada non só polo seu discurso valente, novo e contundente, senón sobre todo por una proposta musical caracterizada por un estilo orixinal e xenuíno no que rock and roll, tradición oral galega, canción de autor e unha actitude punk e reivindicativa que lle permite unha permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.
Convites
O reparto de convites será nas propias bibliotecas desde a mañá do xoves 21, e unicamente haberá que amosar o carné de socio ou socia para poder levar ata dúas invitacións por persoa. As entradas distribuiranse ata completar a capacidade máxima do auditorio.
A apertura de portas será a partir das 18.30h e unha vez comezada a actuación non será posible o acceso.
Normas do Auditorio
Pídese puntualidade.
Unha vez que comece a función non se permitirá acceder á sala.
Por motivos de seguridade de evacuación, non está permitido entrar con carros nin cadeiras de bebés.
Diante do escenario existe unha zona habilitada para persoas en cadeiras de rodas.
Non se pode acceder con comida nin bebida (agás auga).
Prégase seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
Dende o momento do acceso ao recinto e por suposto durante todo o espectáculo a máscara debe cubrir boca e nariz.
Nos espectáculos teatrais e musicais quedan reservados dereitos de imaxe e propiedade intelectual do espectáculo polo que non está permitido gravar xa sexa imaxe ou son do mesmo, así como realizar fotografías.
Unha vez finalizado o acto pregamos permanecer nos seus asentos para seguir as indicacións do persoal de sala e poder desaloxar de forma ordenada e gardando as distancias.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible