Outras actividades
Para público en xeral
11/06/2026
De 19.30 a 20.50 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Baixo. 15007 A Coruña
Entrada libre ata completar capacidade.
981184392
O Club de Teatro María Casares da biblioteca Sagrada Familia clausura o seu curso coa pre-estrea da montaxe "O Cantar de Rui Díaz (O da Grela)", unha obra teatral, creación do propio club, que fai unha interpretación libre do "Cantar do Mío Cid"
Que pasa cando o gran heroe castelán é desterrado por ter máis followers e likes en Instagram que o propio Rei Afonso? Pois que acaba sufrindo o maior choque cultural da súa vida nas nosas terras galegas.Acostumado ás batallas épicas, á nobreza e á vida de palacio, o noso protagonista terá que enfrontarse a retos para os que a súa espada non lle servirá de absolutamente nada.
Unha viaxe chea de malentendidos lingüísticos, peculiares encontros gastronómicos e un duro proceso de "integración" no que terá que lidiar con visitas inesperadas da corte que chegan fuxindo da chuvia e esixindo wifi no medio do rural.
Unha comedia divertidísima onde o épico e o cotián chocan de fronte, e onde vos aseguramos que nada sae como din os libros de historia.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible