Familias, Para público en xeral
16/05/2026
18.00 h
45 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 6,00 €
*Abono 3 (3 entradas para a mesma función: 15,00 €)
Menores de 3 anos: 2,00 €
*O abono 3 só se vende no despacho de billetes.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
RECOMÉNDASE:
forummetropolitano@coruna.es
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
Teatro comedia físico
A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados desde moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes, palabras como "ganapán", "vagalume" ou "verme". As palabras fuxiron da historia, borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto.
As palabras perdidas é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior. Unha proposta que anima a falar galego dunha maneira divertida, dinámica e moderna e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiáns. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis escondidas.
Compañía: Inventi Teatro
Autoría e dirección: Bea Campos
Elenco: Bea Campos e Marcos Alonso
Duración: 45 minutos
Público: + 4 anos
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible