Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Recursos en liña para a autoformación

autoformacion

A autoformación, hogano asociada coa formación en liña pero non sempre coincidentes, está orientada sobre todo a mellorar as nosas competencias laborales, e é ofertada por organismos académicos e todo tipo de entidades (con ou sen ánimo de lucro) sen marcos xeográficos na maior parte dos casos no referido aos cursos en liña; non obstante, tamén podemos atopar opcións presenciais ou semipresenciais.

Este tipo de cursos en liña adoitan clasificarse en tres termos principais: MOOC (cursos en liña abertos e de balde, sen límite de participantes), NOOC (similares aos MOOC pero de duración breve) e SPOC (orientados a unha comunidade pechada de participantes).

Se tes interese na autoformación en liña, podes empezar botando un ollo á páxina Mooc: cursos online, que recompila e permite filtrar cursos por idioma e materia.

A continuación compartimos unha pequena escolma onde de seguro atoparás cursos de balde se tes interese na auformación.

Plataformas para a autoformación de persoas adultas

  • Aula Mentor: programa de formación aberta e flexible (apostando por formación en liña e titorías ou exames presenciais) do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e en colaboración con outras institucións. Está deseñado para mellorar a cualificación das persoas adultas e promover o desenvolvemento das súas competencias persoais e profesionais. Os cursos adoitan durar dous meses e ter un custo de 48 euros, pero a cambio a formación será acreditable de forma oficial, malia que hai un número limitado de balde.

  • Aula Fácil: máis dun milleiro de cursos de balde e agrupados por categorías para orientarte na procura da formación que necesitas.

  • Aprender Gratis: plataforma de formación en liña gratuíta en español que recompila cursos, titoriais, guías e manuais dunha gran variedade de temas: desde arquitectura a técnicas de estudo ou manexo do estrés, algúns deles certificados.

  • Crehana: plataforma privada que naceu co obxectivo de democratizar a aprendizaxe e hoxe serve de soporte de recursos humanos co ollo posto en América Latina. Na súa web teñen un apartado de cursos de balde.

  • ConectaEmpleo: España: a Fundación Telefónica oferta cursos de competencias para a vida profesional e formación para a busca de emprego, entre outros.

  • Coursera: plataforma global de aprendizaxe en liña e desenvolvemento profesional que conta con centos de cursos de balde e en español (ollo, que algúns son só probas do curso), e tamén formación de pago. Pódese filtrar por temáticas moi diferentes: desenvolvemento persoal, negocios, ciencia, humanidades, tecnoloxías da información e a comunicación...

  • Fórmate: ofrece un amplo catálogo de cursos de balde (subvencionados polas administracións públicas) de distintos sectores laborais para persoas traballadoras, autónomas ou desempregadas que desexen actualizar o seu perfil profesional.

  • FUNDAE (Fundación Estatal para la formación en el empleo): ofrece cursos gratuitos de formación profesional para el empleo con prácticas profesionales.

  • UNED Abierta: plataforma de cursos abertos a todas as persoas da Universidade a distancia, que oferta cursos moi variados. idiomas, obradoiros de escritura, traballo social, alfabetización informacional...

Completa a autoformación coa nosa colección de libros e audiovisuais.
Se tes interese na autoaprendizaxe para mellorar as túas competencias profesionais e/ou atopar emprego, podes consultar o noso centro de interese Emprego.

Cursos en liña de competencias dixitais

  • Xunta de Galicia:
    • CeMIT: formación de balde en tecnoloxías da información e da comunicación a través dunha rede de centros da Xunta, que busca fomentar a inclusión dixital da cidadanía con cursos presenciais en aulas de toda Galicia (na Coruña, no Centro Cívico de Eirís) e tamén en modalidade de teleformación.
    • Formación dixital: programa gratuito para desenvolverse no mundo dixital que outorga certificación emitida pola Amtega (Xunta de Galicia) a quen o supere.
  • Bilib: proxecto que forma parte do Plan de Capacitación Dixital da Cidadanía de Castela-A Mancha, dentro do que ofrecen cursos en liña.
  • Fundación Cibervoluntarios: entre os seus fins, atópase promover o uso social da tecnoloxía para fomentar a inclusión dixital, a innovación social e a participación cidadán, para o que ofertan unha serie de cursos gratuítos.

Participa na formación presencial de balde en competencias dixitais que ofrecemos nas bibliotecas.
Completa a autoformación co noso servizo de Atención Tecnolóxica personalizada e a nosa colección de libros e audivisuais sobre competencias dixitais.

Cursos en liña de aprendizaxe de idiomas

  • GALEGO

    • Portal de autoaprendizaxe da lingua galega: Queres mellorar o teu nivel de galego? A Xunta de Galicia ofrece facelo e obter o CELGA, e é posible estudalo co obxectivo de obter o teu certificado tras un exame pero tamén simplemente polo placer de aprender, o que podes facer en liña a través do apartado de teleformación.

    • LingoHut: na plataforma LingoHut podes atopar un completo curso de galego, aínda que os audios que o acompañan escóitanse algo artificiais, pero claros.

  • CASTELÁN

    • Hablarama: con interface en inglés, esta plataforma ofrece clases interactivas con audio e leccións de vocabulario, frases útiles e gramática en distintos niveis.

  • OUTROS IDIOMAS

    • Duolingo: popular plataforma que pode empregarse en formato app para practicar idiomas no día a día.

Participa nas actividades de aprendizaxe de idiomas das bibliotecas.
Completa a autoformación sobre aprendizaxe de idiomas coa nosa colección de libros e audiovisuais.

Cursos en liña de educación ambiental

  • Ceida: este centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, que ten a súa sede no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), programa cursos ao longo do ano, algúns deles en formato virtual.
  • Ceneam: O Centro Nacional de Educación Ambiental presenta unha serie de mini portais temáticos que permiten a autoaprendizaxe en liña.
  • Ecoloxistas en Acción: esta organización ecoloxista mantén aberta unha plataforma educativa que oferta cursos variados arredor do medio ambiente.
Participa nas nosas actividades e obradoiros de Biblioteca Verde.
Completa a autoformación sobre educación ambiental coa nosa colección de libros e audiovisuais.

Cursos en liña de creatividade e lecer

Queremos axudarche tamén a atopar e desenvolver a túa paixón, para a que non precisas máis certificado que o visto e prace propio. Elixe o teu!

Completa a autoformación creativa coa nosa colección de libros e audiovisuais.

Cursos en liña para profesionais do libro

  • Escuela Parix: escola online dirixida a profesionais da creación e a tradución literarias, a ilustración, a corrección, a edición, as artes gráficas, a distribución e as librerías co fin de potenciar o seu talento nunha contorna dixital.

Completa a autoformación no eido do libro e a lectura coa nosa colección de libros e audiovisuais

Acreditar a autoformación

A oferta en autoformación é moi ampla, e atópanse cursos para todos os gustos e para todos os petos. Non obstante, a gratuidade dos cursos adoita implicar que o feito de superalos non outorga ningún tipo de certificado ou diploma oficial alén dunha insignia dixital (para identificar progresos e logros e motivar aos estudantes), malia que se o necesitas ou desexas pódese optar a conseguir o devandito certificado previo pago.

PERO se só buscas aprender, mellorar a túa formación, abrir a túa mente a outros campos de coñecemento e satisfacer a túa curiosidade intelectual, as plataformas que recompilamos un pouco máis arriba son o lugar ideal para empezar.

comunidade escolar aprendendo

Autoformación no ámbito escolar

Existen cursos específicos de autoformación dirixidos á comunidade académica e escolar que recollemos tamén na nosa páxina por se fosen do interese para os centros escolares da nosa contorna e a comunidade vencellada a eles que nos visita habitualmente.

Plataformas de autoformación para docentes

  • Aprendo en casa: dentro das categorías de aprendizaxe, oferta cursos en liña. Hai material adaptado para alumnado desde 0 a 18 anos e tamén para o profesorado.
  • Conecta Empleo: innovación educativa: oferta de cursos da Fundación Telefónica dirixidos a persoal docente.
  • Intef: O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) é responsable da integración das tecnoloxías dixitais e a formación do profesorado en etapas educativas non universitarias. Na súa páxina pódense atopar gran número de recursos de formación.
    • Intef: recursos educativoseste espazo contén acceso a diferentes proxectos de recursos educativos, así como a dúas ferramentas desenvolvidas e impulsadas por INTEF.
    • Intef: la aventura de aprenderespazo de encontro e intercambio arredor das aprendizazes.
    • Intef: edupills: app de microformación para docentes.
    • Intef: procomún: recursos educativos en aberto.
    • Intef: aula en abiertoplataforma onde atopar, sen rexistro, múltiples materiais relativos aos cursos do Intef.
    • Intef: Kit digital: recursos, ferramentas e información práctica para apoiar ao profesorado no seu labor docente e mellorar a súa competencia dixital.
  • Repositorio de contidos educativos: este repositorio, dependente da Xunta de Galicia, divídese en varios apartados:
  • Tiching: a rede educativa que comparte milleiros de recursos das etapas escolares non universitarias.
  • AliAli: recursos en galego para a educación infantil.
Coñeces todo o que temos nas bibliotecas para os centros escolares?

Plataformas de autoformación para o alumnado

Comparte connosco os teus favoritos!

Nas bibliotecas sempre estamos dispostas a aprender, así que, se observas algún erro nas nosas recomendacións para a autoformación ou queres compartirnos as túas, cubre o formulario de contacto e coméntanos!

Formulario de contacto

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión