Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Hoxe libra... Jorge Castro

Jorge Castro, da Biblioteca Sagrada Familia

Quen son?

Jorge Castro, auxiliar de biblioteca

Biblioteca e barrio.

Biblioteca Sagrada Familia, no barrio do mesmo nome. Un barrio caracterizado pola gran presenza de poboación inmigrante.

Cal é o teu traballo, a quen se dirixe e como é o día a día no centro?

O meu traballo na biblioteca desenvólvese maioritariamente en atención aos usuarios no mostrador, inda que pola miña traxectoria profesional e formación dedico tamén tempo ao apoio aos usuarios nas súas dúbidas informáticas e da Rede.

Que é o que máis che gusta do teu traballo na biblioteca?

O que máis me gusta é o contacto cos usuarios e usuarias, porque con frecuencia se establece unha relación persoal. E porque os nosos usuarios acuden á biblioteca para algo máis que usar o ordenador ou levar prestados libros.

Recomendación dun libro (ou disco, etc) que as nosas usuarias poden atopar na túa biblioteca.

Recomendo unha novela que acabo de ler e que me sorprendeu moito: "La pena máxima" de Santiago Roncagliolo. Un retrato dun tempo en latinoamérica e a evolución dun personaxe. Intriga, social e toques de humor que podedes atopar na nosa biblioteca.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión