Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Hoxe libra... Sira González

Sira González, da Biblioteca Os Rosales

Quen son?

Sira González, bibliotecaria (técnico de biblioteca)

Biblioteca e barrio.

Biblioteca Municipal Os Rosales. Dentro da Plaza Elíptica, no barrio dos Rosales, convivimos nun mesmo edificio, o centro cívico e a biblioteca municipal dun dos barrios máis afastados da cidade. Practicamente todos os nosos usuarios viven preto de nós. E é que a costa da rúa Manuel Azaña é moito. Estamos ao lado do Monte de San Pedro!!! ;-) 

Cal é o teu traballo, a quen te dirixes e como é o teu día no centro?.

Sson unha das técnicos da biblioteca. Entre as miñas funcións están a da selección e catalogación da colección, a comunicación 2.0, os clubs de lectura (en Rosales temos dous), os cómics... e tamén o préstamo e ordenación, na sala de adultos xeralmente.

Que é o que máis che gusta do teu traballo na biblioteca?.

O que máis me gusta do meu traballo é recomendar o libro preciso ás persoas que se achegan á Biblioteca. Os cómics e a coordinación dos clubs de lectura son outros dos traballos cos que máis disfruto no meu día a día.Recomendación dun libro (ou disco, etc) que as nosas usuarias poden atopar na túa biblioteca. Vou a recomendar os cómics de Michel Rabagliati. Na foto aparece "Paul se muda". Historias cotidianas nas que conectas rapidamente coas personaxes, nas que cunha aparente sinxeleza, conta moitísimas cousas que nos fan sentir mellor e que nos deixan cun sorriso na cara.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión